Musicoterapia e autismo

Neste plantexamento estamos ante unha poboación para a que a musicoterapia pode ser útil como medio de establecer comunicación con outras persoas, estimulando a súa percepción de maneira inconsciente hacia o sonoro.
¿Qué é o autismo?

A definición que propón o DSM- IV de autismo é a seguinte:

“Os trastornos xeneralizados do desenrolo caracterízanse por unha perturbación grave xeneralizada de varias áreas do desenrolo:

  • Habilidades para a interacción social,

  • Habilidades para a comunicación,

A presencia de comportamentos, intereses e actividades estereotipados”.
Cada persoa é un mundo, e en tódolos casos poderíamos describir a cada neno ou adulto con autismo de maneira diferente.
Llúcia Viloca en El niño autista tamén explica algunhas das características que definen a unha persoa autista:
Xeralmente o neno mantetnse ao marxe da interacción cos outros tanto na atención ao outro como na resposta. Esta falta de interacción é tanto verbal como xestual. Incluso poderemos observar falta de contacto visual.
A carencia de linguaxe e comunicación co outro deriva nunha ausencia de interacción social. Polo tanto as normas de comportamento tampouco se adapta aos patróns culturais.
Dende o punto de vista afectivo reflexa intolerancia ao cambio ou variación na súa vida e exterioriza o seu estado mental ansioso a través da autoestimulación: estereotipias motoras.
Normalmente os nenos con autismo non tenden a expresar sentimientos cara ós demáis e se o fan é de maneira extraña; non son capaces de poñerse no lugar do outro.

¿Por qué a musicoterapia pode ser útil como recurso no desenvolvimento do neno con autismo?

Neste plantexamento estamos ante unha poboación para a que a musicoterapia pode ser útil como medio de establecer comunicación con outras persoas, estimulando a súa percepción de maneira inconsciente hacia o sonoro. Para isto traballarase cara a obxectivos concretos centrados nos seguientes aspectos: (tomado de Juliette Alvin)

  1. O primeiro paso da terapia con música sería integrar ao neno en cualquera forma de participación o xogo musical: improvisación libre, exercicios motrices, etc.

  2. En segundo lugar o/a terapeuta a través do seu traballo busca unha maneira de establecer unha relación co neno, establecer un vínculo co neno.Para isto utilizará obxectos intermediarios (instrumentos musicais) para encontrar un punto de contacto e ao mesmo tempo respetar o espacio do paciente.

  3. Ademáis traballarase para que o neno poida expresar os seus sentimentos ou liberar emocións: a súa angustia, a súa ansiedade.

  4. Por último intentarase axudar ao paciente a relacionarse cos compañeiros, etc., desenvolvendo desta maneira unha faceta centrada na interacción social.

A musicoterapia, neste caso, é unha alternativa que utilizará a música na súa dimensión de linguaxe: como elemento impulsor da comunicación, como espacio de expresión, como axente socializador, como medio para estimular o interés polo outro, visto como unha persoa e non coma un obxecto.

O uso da música na relación terapeuta-paciente pode servir de ponte para que o neno poida comunicar ideas ou sentimentos.
Por outra banda o feito de facer música en directo con outra persoa facilítalle ao neno un espacio onde expresar emocións, que normalmente non expresaría a través da linguaxe falada.
O feito de facer música permite ao neno estar conectado coa realidade, desenvolver cualidades como a atención e a concentración, así como desenvolver aspectos psicomotrices, a través dun traballo instrumental.

O plantexamento de sesións de musicoterapia para traballar con persoas con autismo será único en cada caso. Este plantexamento debe estar basado nuns obxectivos que respondan ás necesidades reais do paciente en cuestión, e deberá realizarse despois de varias sesións de observación da persoa.

Conoce más sobre el autismo

Elastic Tits

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario